Ahora

C&P: Que podemos agardar da democracia? Café Auriense (Ourense)

22 Dic, 2016 - - @griverorz

Rematamos un ano no que os resultados electorais nos levaron a pensar que boa parte da cidadanía cuestiona o que ten sido o sistema político dominante nos últimos 50 anos. É un bo momento para pararnos a reflexionar sobre as nosas expectativas, as causas da nosa insatisfacción e sobre as alternativas que temos para mellorar o funcionamento das institucións. Está a democracia en crise? Que mudou nos últimos tempos? Hai algo que poidamos facer? Que medidas anticorrupción son máis eficaces? Que reformas poden facer que os políticos representen mellor as nosas opinións?

Nesta ocasión contaremos con dous editores de Politikon para abrir o debate. Gonzalo Rivero, doutor en Ciencia Política (New York University) e responsable de ciencia de datos en Westat (Washington D.C.) e Elena Costas, doutora en Economía (Universitat de Barcelona) e profesora na Universitat Autònoma de Barcelona. Tamén participará Victor Lapuente, doutor en Ciencias Políticas (Universidade de Oxford) e profesor no Instituto de Calidade de Goberno da Universidade de Gotemburgo.

O Cervexas e Politikon será o luns 26 de decembro ás 18:30 no Café Auriense (Praza do Correxedor 11, Ourense).

Vémonos!